Obradoiro de poesía na Biblioteca Municipal de Monforte
A concellería de Educación e Cultura e a Rede de Bibliotecas de Galicia organizan un obradoiro de poesía que se celebrará mañá venres día 25 de abril, ás seis da tarde na Biblioteca Municipal de Monforte.
Trátase de “Poetízate”, un obradoiro impartido polo escritor Fran Alonso e dirixido especialmente á mocidade, pero aberto á participación da cidadanía en xeral. “Poetízate” pretende achegar a poesía á xente moza mediante a utilización das novas tecnoloxías.
A actividade desenvólvese dentro do programa “Ler conta moito”, promovido pola Consellería de Cultura.











