O Zamáns será escenario do IX Slalom Olímpico Trofeo Concello de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesGondomar
A-
A+

O río Zamáns ao seu paso por Gondomar acollerá, este domingo 13 de abril, o IX SLALOM OLÍMPICO TROFEO CONCELLO DE GONDOMAR, organizado polo Club de Salvamento e Piragüismo Val Miñor.

Esta xa coñecida proba desenvolverase a partires das 10.00 horas da mañá e contará coa participación dos seguintes clubes que se achegarán desde diferentes puntos da comunidade: Os Teixugos de Goián, Club Piragüismo Dumbría – A Coruña, Montaña Quiros de Monforte de Lemos, Náutico Muíño de Ribadumia, O Tea de Mondariz Balneario e O Penedo de Caldelas de Tui.

Con motivo desta proba, a Concellaría de Deportes, dirixida por Natalia Salgueiro, ten preparado para mañá día 11 (en horario de tarde) e  para o sábado 12 (durante todo o día), xornadas de piragüismo para todas as nenas e nenos que queiran ter unha experiencia neste deporte. A idade mínima para a realización destas actividades será os 8 anos.

10 de abril de 2014 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.