O XXV Encontro de música relixiosa cidade da Coruña inicia a programación de Semana Santa
O Concello da Coruña, a través de área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa da celebración do XXV Encontro de música relixiosa cidade da Coruña con actividades desde hoxe até o día 16 de abril, un evento que marcará o inicio da programación da Semana Santa coruñesa.
O Concello da Coruña, xunto coa Deputación Provincial e a Real Academia Galega de Belas Artes, colabora con este evento que organiza o Orfeón Herculino e que este ano celebra as súas vodas de prata. O programa de actividades comprende dúas conferencias, dous recitais de órgano e frauta e un total de cinco concertos.
A programación comeza esta tarde coa conferencia de Ismael Velo sobre ‘O arquivo musical da Colexiata’ que se celebrará ás 20.00 horas na Real Academia de Belas Artes. José López Calo ofrece a charla ‘A música sacra en Galicia despois do Vaticano II’ o xoves 10 de abril, ás 20.00 horas no mesmo lugar.
Ademais, a igrexa do Sacro Corazón acolle dous concertos de órgano os días 5 e 7 de abril, ás 20.30 horas.
O programa de concertos de corais desenvolverase entre o 12 e o 16 de abril, na Colexiata de Santa María do Campo, ás 20.00 horas:
Sábado 12: Coral Polifónica O Eco.
Domingo 13: Grupo Instrumental século XX.
Luns 14: Orfeón Herculino.
Martes 15: Coral Saúde.
Mércores 16: Proxecto vocal concerto tempo.
Procesións
Este ano, a cidade contará cun total de 13 procesións que se celebrarán entre o 11 e o 20 de abril, segundo o seguinte calendario:
Venres, 11 de abril: A Virxe das Dores.
Domingo, 13 de abril: Procesións da Borriquilla e Ecce-Homo-Cativo.
Luns, 14 de abril: Procesión do Amor, o Perdón e a Misericordia.
Martes, 15 de abril: Procesión da Piedade.
Mércores, 16 de abril: Procesión o Santísimo Cristo do Bo Consolo.
Xoves, 17 de abril: Procesión de Nuesro Pai Jesús Nazareno e A nosa Señora da Amargura.
Venres, 18 de abril: Procesións de Vía Crucis Penitencial; do Santo Encontro; do Santo Enterro; e do Santísimo Cristo do Amor e A nosa Señora das Angustias.
Sábado, 19 de abril: Procesión da nosa Señora da Soidade.
Domingo, 10 de abril: Procesión de Jesús Resucitado e A nosa Señora da Esperanza.











