O xogador celeste Hugo Mallo será intervido en Fátima polo doutor Juan José García Cota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O lateral dereito do Real Club Celta Hugo Mallo someterase ao longo da tarde de mañá, mércores, a unha intervención cirúrxica para corrixir a luxación acromioclavicular que sufriu no seu ombreiro esquerdo durante o partido do pasado luns ante o Real Valladolid.

O futbolista celeste, substituído no tramo inicial do partido por mor desta lesión, será intervido polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima.

Hugo Mallo perderase o que resta de tempada, xa que o tempo de recuperación estará ao redor das 6 semanas. O club quere enviarlle ao canteirán unha mensaxe de ánimo e desexarlle unha pronta e total recuperación.

29 de abril de 2014 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.