O xogador celeste Augusto sofre unha rotura fibrilar de grao I no sóleo da súa perna dereita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O atacante do Real Club Celta Augusto Fernández, sofre unha rotura fibrilar de grao I no sóleo da súa perna dereita, segundo desvela a ecografía á que foi sometido hoxe por parte dos servizos médicos do club. O internacional arxentino do conxunto celeste permanecerá de baixa aproximadamente dúas semanas por mor desta lesión muscular.

Augusto sentiu molestias na zona danada ao termo do adestramento de onte e na sesión preparatoria desta mañá na Madroa non se exercitou co resto do grupo á espera da realización das probas médicas, que finalmente desvelaron a existencia dunha rotura fibrilar.

17 de abril de 2014 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.