O ximnasio Curves de Pontevedra fornece a Redeaxuda con máis de 1.000 kilos de alimentos
Redeaxuda, a través da Concellaría de Benestar Social Municipal, quere agradecer a contribución da dirección e dos usuarios do ximnasio Curves, da cidade, para fornecer con máis de 1.000 quilos de alimentos á rede.
Segundo explicaron dende a dirección do ximnasio á concelleira Carmen Fouces, o ximnasio dacordo cos usuarios fixo dous equipos que competían entre si para ir contribuíndo á recollida de alimentos, chegando a conseguir máis de 1.000 quilos de alimentos.











