O XI Trofeo Comodoro celebrouse na ría de Muros Noia chegando xa á súa quinta proba

Trofeo Comodoro
O percorrido desta proba consistiu nun costeiro de 18.8 millas náuticas con saída nas inmediacións do Porto Deportivo de Portosín tras un desmarque que colocou á flota na liña recta imaxinaria que lles leva aos Baixos de Bruyos para deixar esta por babor e volver ao interior da ría onde lles esperaba unha longa e técnica cinguida.
A proba
Tras o paso pola liña de meta os tempos reflectían unha vitoria para o MEIGAS FORA de Jose Codesido moi preto o segundo clasificado A Rabuda Un de Fernando Gonzalez e terceiro o Arroutado 2 de Jose Manuel Perez.
A Xeral
A clasificación Xeral tras cinco probas encabézaa A Rabuda Un con 4 puntos, segundo o Meigas Fora con 10 puntos e terceiro o ORAL GROUP de Pedro Pazos con 13 puntos e aínda con opciónes de podium o Sara e o Arroutado 2.
A proxima e definitiva cita será o 26 de abril coa celebración das dúas ultimas probas e a entrega de trofeos ás 17.30 horas no salón social do RCN Portosin.











