O vindeiro sábado A Laracha vivirá a cuarta edición da Masterclass de aeróbicos
Por cuarto ano consecutivo, o Concello da Laracha organiza a Masterclass de aeróbicos, unha das citas deportivas de referencia na programación municipal durante a primavera que se celebrará o sábado da próxima semana, día 3 de maio
A xornada desenvolverase desde as 16.30 ás 19.30 horas na explanada fronte á biblioteca municipal da Laracha e o IES Agra de Leborís. No caso de que as condicións climatolóxicas sexan desfavorables, trasladaríase ao pavillón do instituto.
Nas tres horas de duración do eventos practicaranse diferentes modalidades deportivas que combinan o fitness e a música, como o aeróbic latino, body combat e zumba.
O Concello da Laracha convida a asistir ao evento a todos os veciños que así o desexen, estando recomendada a participación a todas as persoas, independientemente da súa idade ou condición física. Non se require inscrición previa e a participación será totalmente gratuíta.
A Masterclass de aeróbicos realízase como proposta complementaria aos programas de actividades municipais que se desenvolven ao longo de todo o ano e que tamén inclúe disciplinas similares ás que se realizarán durante o evento do próximo sábado.
Nas tres edicións anteriores da Masterclass contouse con máis dun centenar de participantes, cifra que o Concello da Laracha agarda alcanzar tamén neste ano.











