O vestíbulo do Concello de Pontevedra expón os carteis de prevención dos institutos da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social Municipal expón desde esta mañá, no ástrago do edificio de Michelena 30, os carteis elaborados nos distintos obradoiros do Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas, organizados nos centros de secundaria do Concello.

O obxectivo da campaña é que sexan os propios alumnos os ideólogos da campaña; potenciar o traballo individual para incentivar a imaxinación e estimular a creatividade; promover hábitos de saúde; e dar a coñecer á cidadanía o traballo que se realiza dende o Equipo Municipal de Prevención de Condutas Aditivas nos centros escolares da cidade.

Na exposición pódense ver os carteis preventivos realizados polos alumnos sobre distintas temáticas: alcohol (1º da ESO); novas tecnoloxías (2º da ESO); cannabis (3º da ESO); e outras drogas (4º da ESO).

A mostra estará aberta dende o 8 ao 21 de abril, e haberá un voto popular a través das persoas que acudan a visitar a exposición. Tamén haberá premios: primeiro e segundo, e un accesit se o xurado o considera oportuno.

7 de abril de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.