publicidade hoxe

O venres finaliza o prazo para participar nos certames de relato curto, poesía e debuxo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2014 ao escritor lugués Xosé María Díaz Castro, autor dunha importante obra poética en lingua galega.

O Concello de Miño quere achegarlle á cidadanía a figura, a vida e a obra do autor ao que a Real Academia Galega lle dedica as Letras Galegas 2014, polo que o Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Miño pretende implicar a mozos e mozas na celebración das Letras Galegas coa convocatorias do XXIV  Certame de relato curto, XXIV Certame de debuxo e XXII Certame de poesía no que nenos e rapaces poden participar competindo por categorías de idade (ata 8 anos, de 9 a 11 anos, de 11 a 13 , de 14 a 15  e de 15 a 18 anos). O prazo para a presentación das obras remata o venres 2 de maio de 2014, ás 15,00 horas.

Cada certame esta dividido en  5 categorias en función da idade, e os gañadores dos mesmos terán como premio un libro e un vale de 75 euros (para o 1º premio), 50 euros (para o segundo e 30 euros (para o terceiro).

A decisión do xurado conocerase o xoves 15 de maio, as 12,00 horas da mañá no taboleiro de edictos da Casa do Concello, e a entrega de premios celebrarase o día das Letras galegas ás 12,00 horas no Local social da Rúa, onde quedarán expostas as obras premiadas.

30 de abril de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.