O venres comeza en Pontevedra a campaña de voluntariado para o Campionato do Mundo de Duatlón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra activa esta semana, a través do Plan de voluntariado, a campaña de captación de voluntarios para o Campionato do Mundo de Duatlón que se celebrará na cidade o 31 de maio e 1 de xuño.

A campaña comezará este vernes, cunha charla informativa no IES Frei Martín Sarmiento, sobre a proba e o voluntariado, e continuará por unha ducia de institutos da comarca para tratar de acadar a unha cifra duns 500 voluntarios que colaboren coa organización nas distintas probas que se desenvolverán durante as dúas xornadas de campionato.

A captación estenderase durante todo o mes de abril, dado que en maio están previstos os cursos de formación das persoas que participen.

1 de abril de 2014 | 16:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.