O TSXG avala a legalidade da ampliación do horario e da creación das brigadas municipais de Vilagarcía
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de súplica interposto polos sindicatos UGT e CC.OO. contra a sentencia do Xulgado Social de Pontevedra desestimando a demanda do conflito colectivo interposta polo conxunto das organizacións sindicais representadas no Concello en relación á ampliación do horario laboral dos traballadores municipais e á creación das brigadas de tarde e fin de semana. Ao igual que a anterior sala, o TSXG tamén avala a legalidade das medidas adoptadas polo goberno e considera que o procedemento de negociación colectiva e de consultas foi correcto e que a información dada aos sindicatos durante o proceso foi “suficiente” e “reiterada”, en contra do que alegaban os recorrentes.
“El trámite ha sido seguido en toda su extensión por el demandado con la correspondiente convocatoria a los sindicatos y dando una información más que suficiente no solo en los momentos de negociación sino que, incluso, por reiterada -ya que como se observa y no se niega- ya desde 2011 se viene negociando la situación insostenible economicamente del demandado (situación que si bien en el recurso se trata de negar, es indudable con informe de Tribunal de Cuentas…)”.
Boa fe demostrada do goberno local na negociación
Noutro parágrafo do fallo, o TSXG rexeita tamén a suposta “mala fe na negociación” que os sindicatos atribuían ao goberno local, recollendo que “no puede aceptarse la existencia de una insuficiente información para proceder a la negociación, o deficiencia en la negociación donde no solo hubo propuestas y contrapropuestas sino aceptación por el demandado de algunas, como la voluntariedad en la prestación de servicios en fin de semana, etc….”.
Este segundo fallo volve a poñer de manifesto que o goberno local actuou correctamente en todo o proceso e confirma a validez e legalidade dos argumentos expostos polo Concello para xustificar a creación das brigadas de tarde e fins de semana, en base á precaria situación económica do Concello que obrigaba a eliminar as horas extras e a reorganizar os horarios dos traballadores para cubrir a prestación de servizos ordinarios. O Tribunal lembra que a ampliación da xornada laboral a 37,5 horas é unha obriga imposta a todas as administracións por norma de rango legal superior aos convenio colectivos e acordos marco, que quedarían invalidados neste punto; polo que este axuste, independentemente da situación das arcas municipais, xa xustificaría unha reorganización dos horarios laborais, advertindo ademais que, conforme á devandita disposición legal que “estas medidas no supondrán incremento retributivo alguno”.
Ademais, conclúe o maxistrado coa advertencia de que ” la situación económica del demandado con un plan de saneamiento plurianual, arrastrando una situación económica deficitaria y con una previsión de saldos positivos solo a partir de 2018, lleva a entender que, aún cuando en un año puntualmente se alcanzara un saldo positivo -lo que ocurrió en 2012, como ya se ha indicado en sede fáctica- no altera la necesidad de reorganizar el personal, pues no solo las circunstancias económicas negativas sustentan la modificación, sino que el hecho de existir una jornada superior legalmente establecida y de obligado cumplimiento, por sí sola, obliga a reestructural el horario del personal (…) de manera que se atienda a los servicios sin necesidad de generar unas horas extras que incrementan aquellos gastos de personal lastrando de forma importante el presupuesto Municipal”.
Mellorar o clima laboral, a imaxe e prestación dos servizos á cidadanía
Despois de coñecer esta segunda sentencia a favor do Concello, o alcalde, Tomás Fole, expresou o seu desexo que que este fallo poña o punto e final á conflitividade laboral xerada nos últimos anos na administración local e que, en vista das resolucións xudiciais, os sindicatos decidan mudar de actitude en favor do diálogo e a negociacións constructiva. O rexedor volve a tender a man ás organizacións sindicais a efectos de mellorar o clima laboral no Concello e conseguir que tanto a imaxe que se da aos veciños como os servizos que se prestan sexan os mellores posibles.











