O Teucro de Pontevedra acolle a Aña Urbana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A praza do Teucro será mañá o centro neurálxico da cuarta edición da Aña Urbana que organiza a Concellaría de Festas en colaboración coa Asociación Cultural Trepia.

A Aña é un conxunto de ritos e costumes que se desenvolven en torno aos traballos das labradas do mes de abril, especialmente nunha ampla zona da comarca de Mondariz-Paradanta.

Inda que existen diferenzas dependendo do lugar, existen uns trazos comúns: o traballo colectivo da terra unido aus cantares específicos para a ocasión, e a execución de ritmos tradicionais tocando en sachas e leghóns. Nalgúns lugares atopamos tamén o baile do ramo, no que un mozo saca a bailar ás mozas levando en alto un ramallo de loureiro que se adovía con panos, rosquillas, lazos,…

Esta será a cuarta edición da Aña Urbana, unha xornada de difusión deste ítem cultural en Pontevedra, na que grupos de distintas zonas amosan as súas interpretacións da aña, froito do análise e traballo grupal que desenvolven. A intención é chegar ao ambiente urbano esta tradición que até non hai moito tempo se viña celebrando nas zonas rurais moi cercanas; ao tempo que se ofrece unha oportunidade para o intercambio de opinións e coñecimentos sobre o tema por parte dos grupos participantes.

O programa deste sábado é o seguinte:

• 11.00 horas. Apertura da feira de artesanía e comezo do roteiro de grupos por distintas prazas: 8 de marzo, Peregrina, Verdura, Abastos e Curros Enríquez.

• 17.30 horas. Obradoiro aberto (toques de leghón).

• 18.00 horas. Apresentación dos “Cadernos da aña”.

• 19.00 horas. Actuación dos grupos participantes

25 de abril de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.