O Santiago Futsal xogará un amigable coa selección de Xapón este luns
O vindeiro luns 7 de Abril, a selección de Xapón dirixida polo español Miguel Rodrigo, fará unha parada na xira que está a realizar polo país, para disputar un amigable co Santiago Futsal.
A selección nipoa, actual campioa de Asia, atópase polo país preparando o próximo Campionato de Asia, que se disputará do 28 de Abril ao 11 de Maio en Vietnam, polo que o partido ante Santiago Futsal servirá a ambos os clubs para afrontar os seus respectivos compromisos.
O partido será ás 17,30h no Multiusos Fontes do Sar e será de portas abertas, polo que todos os afeccionados que o desexen poderán presenciar o partido entre Santiago Futsal e a selección nipoa.
Ademais, o Excmo. Alcalde de Santiago, D. Anxo Currás, recibirá á selección de Xapón ás 11,30h do mesmo luns no Pazo de Raxoi.











