O Santiago Futsal prepara a visita do Peñíscola
O Santiago Futsal volveu esta mañá aos adestramentos para preparar a seguinte xornada de liga na que recibirá ao Peñíscola Adegas Dunviro o venres 11 ás 21h no Multiusos Fontes do Sar nun partido vital para os santiagueses para continuar con opcións para o play-off.
Para iso, e dentro da preparación para este tramo final da liga, o Santiago Futsal enfrontarase esta tarde á Selección de Xapón, dirixida polo español Miguel Rodrigo e actual campioa de Asia, que se atopa polo país realizando unha xira para preparar o próximo Campionato de Asia. O partido amigable será ás 17,30h desde o Multiusos Fontes do Sar e a entrada será gratuíta, polo que todos os afeccionados que queiran asistir poderán facelo.
A partir do martes, continuarán as sesións habituais de adestramento para preparar o partido ante Peñíscola. Tras os resutlados da última xornada, e a só 3 xornadas para terminar a liga, o Santiago Futsal caeu á sétima praza con 36 puntos, empatado con Burela que é oitavo e cun só punto de vantaxe sobre Montesinos Jumilla, que é noveno, fóra de postos de play-off. O difícil calendario dos santiagueses fai imprescindible unha vitoria este venres ante Peñíscola, un rival co que na primeira volta empatou a uns.
Plan de traballo da semana
Luns 7 de Abril:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Preventivo + Táctico
17,30h – Multiusos Fontes do Sar – Amigable Santiago Futsal vs Selección de Xapón
Martes 8 de Abril:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Mércores 9 de Abril:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Forza rápida + Transferencia + Porteiros + Táctico
Xoves 10 de Abril:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
11,30h – Salga de prensa do Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
Venres 11 de Abril:
21h – Multiusos Fontes do Sar – J28. Santiago Futsal vs Peñíscola Adegas Dunviro
Sábado 12 de Abril:
Descanso
Domingo 13 de Abril:
Descanso











