O Santiago Futsal imponse por 4-1 á Selección de Xapón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal venceu 4-1 á selección de Xapón no amigable celebrado esta tarde no Multiusos Fontes do Sar. Durante a primeira parte, os xaponeses tiveron maior posesión do balón, con máis ocasións sobre a portaría defendida por Juanjo, mentres que os santiagueses estiveron moi ben en defensa ante o gran bloque dirixido polo español Miguel Rodrigo. Ao fío do descanso, a Selección nipoa púxose por diante cun gol de Nakamura, chegando ao descanso con vantaxe de 1-0 no marcador.

Tras o descanso o partido cambiou de ton, cun Santiago Futsal moito máis descarado de face a portaría e liderado por un David Pazos que exerceu de capitán pola ausencia dos capitáns (Loito por lesión e David e Barroso por descanso). Foi os propio Pazos quen empatou o partido tras un balón envelenado que terminou por coarse na portaría nipoa. Un minuto despois e nunha xogada de estratexia de falta, chegou o gol de Palomeque que puña aos santiagueses por diante. Tras varios minutos de idas e vindas cun par de boas actuacións de Raúl, que se puxo baixo paus nesta segunda parte. A cinco minutos do final, os japonenes atacaron con Osodo como porteiro-xogador, chegando os dous goles do Santiago no último minuto a portaría baleira, o primeiro do porteiro Raúl e o definitivo de David Pazos.

Ficha do partido

Santiago Futsal: Juanjo, Palomeque, Pablo Tallón, Chus e Hamza (cinco inicial), Raúl, Hugo, David Pazos, Eloy Vermellas, Xullo, Dani, Gabi e Iago.

Selección de Xapón: Kawahara, Nibuya, Watanabe, Takita e Minamoto (cinco inicial), Osodo, Sato, Morioka, Hoshi, Fujiwara, Yoshikawa e Nakamura.

Goles: 0-1 Nakamura (min 19), 1-1 David Pazos (min 25), 2-1 Palomeque (min 26), 3-1 Raúl (min 39), 4-1 David Pazos (min 40)

Árbitros: Cid Bragado e González Armada do colexio galego

Incidencias: Partido amigable disputado no Multiusos Fontes do Sar ante máis de 150 afeccionados.

7 de abril de 2014 | 20:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.