O Santiago Futsal colabora co I Torneo de Fútbol Base de Calo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O equipo IES Fontiñas Santiago Futsal Prebenxamín 1º participará no “I Torneo de Fútbol Base do Calo SR” que se celebrará coincidindo coa Semana Santa no pavillón de Calo no Concello de Teo. Os pequenos xogadores participarán neste torneo que abarca desde as categorías prebenjamín até infantil, que trata de fomentar tanto o fútbol sala como a colaboración e participación de diferentes clubs e entidades, fomentando o xogo limpo, algo que se premiará neste torneo.

Os prebenxamíns de 1º do Santiago Futsal xogarán a fase de grupos e as semifinais o xoves 17 de Abril, disputándose as finais de todas as categorías o domingo 20 de Abril.

A entrada ao pavillón é gratuíta, aínda que haberá que achegar algún alimento non perecedoiro, co obxectivo de contribuír ao banco de alimentos do Concello de Teo.

Ademais, o Santiago Futsal quixo colaborar con este torneo, convidando a todos os equipos participantes ao partido que enfrontará ao Santiago Futsal e Elpozo Murcia o vindeiro venres 25 de Abril ás 21h no Multiusos Fontes do Sar, correspondente á última xornada de liga. Con esta colaboración, o Santiago Futsal comprométese co fomento da práctica do fútbol sala de base na comarca de Santiago.

Pola súa banda, o xogador do Santiago Futsal David Pazos asistirá o domingo 20 á entrega de trofeos das diferentes categorías en representación do club e tamén como ex xogador do Calo SR, onde xogou antes de recalar no Santiago Futsal con só 12 anos como Infantil.

Os horarios dos partidos do IES Fontiñas Santiago Futsal Prebenxamín 1º neste torneo son os seguintes:

Xuventude Oroso vs Santiago Futsal

Xoves 17 de Abril ás 10,30h

Calo SR vs Santiago Futsal

Xoves 17 de Abril ás 12,30h

Santiago Futsal vs SD Compostela

Xoves 17 de Abril ás 16,30h

Semifinais

Xoves 17 de Abril ás 19h e 19,30h

Final

Domingo 20 de Abril ás 16h

16 de abril de 2014 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.