O Santiago Futsal asina o Plan de Patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte
O Secretario Xeral para o Deporte, D. José Ramón Lete Lasa, asinou esta mañá na sede da Secretaría Xeral para o Deporte, as adxudicacións correspondentes a varias das entidades deportivas de Galicia beneficiarias do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición para a tempada 2013/2014. Entre eles atópase o Santiago Futsal, que acudiu á firma representado polo seu presidente, D. Ramón García e os xogadores do primeiro equipo David e Hugo.
Na presente tempada, un total de 78 clubs beneficiásense deste Plan de patrocinio de equipos de alta competición, entre os que se engloban unha ampla variedade de modalidades deportivas, desde fútbol sala, pasando por tenis de mesa, bádminton, baloncesto, etc.
Con esta actuación, a Secretaría Xeral para o Deporte apoia unha tempada máis aos equipos galegos de alta competición, dando unha importante inxección para continuar co seu labor deportivo e social. O Santiago Futsal luciu durante toda a tempada os logos de Deporte Galego e Galicia, ao que se sumou o de Galicia Saudable, que o primeiro equipo luciu durante a súa participación na Copa de España de Logroño na parte frontal da súa camiseta.











