O Rio Natura Monbus lanza tarifa única coa promoción “Prezos Populares”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus pon en marcha a oferta “Prezos Populares” para a venda de entradas do partido que o equipo disputará ante o Cajasol o xoves 8 de abril, ás 20.15 horas no Fontes do Sar. A iniciativa, cunhas tarifas moi reducidas, está pensada para que calquera afeccionado, desde estudantes residentes na cidade a familias enteiras que se despracen doutros municipios, poidan gozar dunha velada vendo baloncesto de élite sen ter que preocuparse polo prezo.

O encontro, que será o penúltimo dos santiagueses como locais nesta tempada, terá unha tarifa única para todos os espectadores, cuns prezos por sectores de 6 euros en Fondos e Tribunas 2, 9 euros en Tribunas 1 e 19 euros en Tribunas Retráctiles. Quedan anulados para este partido todos os demais descontos que o club ofrece habitualmente, ao tratarse, como dicimos, dunha proposta universal para calquera tipo de espectador.

As entradas poden adquirirse desde xa mesmo con esta singular oferta a través da páxina web do club (www.obradoirocab.com). Tamén están dispoñibles nos dous establecementos físicos da entidade en Santiago: as oficinas do club, situadas no propio Multiusos e con horario de luns a venres e de 10.00 a 14.00 horas, ou a “Miudiño Store”, tenda oficial situada en Área Central (dentro do local Blusens) e con horario de mércores a sábado e de 17.00 a 22.00 horas

24 de abril de 2014 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.