O Rio Natura Monbus lanza a Promoción Especial Semana Santa con entradas a 9 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O encontro do Rio Natura Monbus fronte ao C.B. Valladolid, na que os escolares se atopan de vacacións e que se celebrará o domingo 20 de abril, ás 20.00 horas, é o seleccionado polo club para lanzar unha promoción especial con motivo das festividades de Semana Santa. A oferta permitirá a abonados, accionistas e menores de 18 anos de idade comprar entradas por tan só 9 euros e coa particularidade de que poderá ser en calquera zona do pavillón: Tribuna Retráctil, Tribunas 1 e 2, ou calquera dos fondos, a elección do comprador. Requirirase en todos os casos durante a compra a documentación que acredite pertencer a algún deste tres grupos.

Ademais, o partido non será retransmitido por ningunha canle de televisión, polo que ver ao Rio Natura Monbus en directo a un prezo tan reducido convértese nunha mellor oportunidade, si cabe, para todos os afeccionados.

Esta promoción é válida até as doce da noite do mércores 16 de abril. Os interesados poderán adquirir os seus billetes desde hoxe mesmo, tanto a través da páxina web do club (www.obradoirocab.com), como en oficinas do club de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas, ou na “Miudiño Store” de Área Central (local de Blusens), de mércores a sábado en horario de 17.00 a 22.00 horas.

Os prezos para o público xeral son de 35 euros en Tribuna Retráctil, 29 euros en Tribunas 1, 25 euros en Tribunas 2 e 19 euros en Fondos. O club ofrece prezos reducidos para abonados, accionistas e tamén para mozos menores de 18 por 9 euros en calquera sector do pavillón sempre que adquiran a súa entrada antes do 16 de abril ás 24 horas.  Despues desta data, abonados, accionistas, menores de 18 ou estudantes menores de 26, deportistas federados, parados de longa duración ou maiores de 65 anos, o desconto deixará uns prezos de 25 euros en Tribunas 1, 19 euros en Tribunas 2 e15 euros Fondos. En todos eles necesitarase a documentación que acredite a promoción seleccionada.

10 de abril de 2014 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.