O regulamento do ciclo integral da auga en Cangas ponse a exposición pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O goberno local informa de que hoxe publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) a aprobación inicial do Regulamento dos servizos públicos relacionados co ciclo integral da auga, tal e coma se dictaminou na sesión plenaria celebrada o pasado 7 de marzo.

A partir de hoxe o regulamento estará a disposición pública durante un prazo de 30 días para que os interesados presenten as suxestións ou reclamacións pertinentes. De non rexistrarse alegacións no período establecido o Regulamento quedará aprobado sen necesidade de outro acordo plenario.

O concelleiro de Medio Ambiente Jesús Graña destaca que o regulamento para o ciclo integral da auga é algo do que carecía o Concello e que era “necesario” e supón unha forma de modernizar os instrumentos de xestión do ciclo da auga.

3 de abril de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.