O Real Club Náutico Portosín gaña o premio TodoRegatas á Mellor Regata de Monotipos de 2013
O Real Club Náutico Portosín gaña o premio TodoRegatas á Mellor Regata de Monotipos de 2013 pola organización, xunto coa RFEV e a Federación Galega de Vela, do Campionato do Mundo de Platu 25, un dos mellores eventos velísticos do mundo, debido principalmente, ao elevado elenco de patróns e tripulacións que no mesmo toman parte.
A excelente organización dun evento como este, con barcos e regatistas vindos de multitude de paises, como Italia, Alemaña, Portugal, Dinamarca, Austria, Suíza ou até Indonesia, congregando finalmente unha flota que roldou o medio centenar de embarcacións, fai que a organización do RCN Portosín, xusta merecedora desta candidatura.











