publicidade hoxe

O Ráfagas II de José Carrera e o Argos de Santiago Vecino impóñense na XI edición da Regata Distribunosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRianxo
A-
A+

O pasado sábado día 26 deu comezo a segunda  manga da XI edición da Regata Distribunosa.Un día gris nas primeiras horas da proba cun vento do Oste facía presaxiar un gran día de Regatas.

Ás 12.30, con puntualidade saxona, iniciouse a proba.  O vento de oeste cunha intensidade que oscilaba entre 12 e 17 nós,  mantívose fiel durante toda a proba, as nubes desapareceron conforme se achegaba a hora de saída, conformándose un día excelente para a navegación.

Tras o asubío de saída, a flota dirixiuse á baliza de desmarque e posteriormente á baliza do Seixo. Participaron unidades dos clubs náuticos da Ría, Rianxo, Villagarcía, Riveira, Caramiñal e Boiro.

O comité de Regata deseñou un percorrido cunha cinguida ata a baliza de desmarque e logo untravés ata o Seixo,  posteriormente viradas a babor en Aurora, Moscardiño e novamente Seixo para a clase Regata, mentres a clase cruceiro viraba o Seixo tras o retorno da Aurora. Ambas as flotas completaron o percorrido  desde o Seixo ata a chegada en CN. de Rianxo.

A saída foi moi disputada mostrándose moi rápidos o Fixius de Miguel Pérez do CMVillagarcía e o SempreVolve de Luís Miguel González do CN. Caramiñal,o Sampaio de José Pérez Piñeiro (CN. Rianxo)  e a certa distancia o Ráfagas II de José Carrera (CN. Rianxo) tamén disputaban os primeiros postos destes primeiros lances da proba. Virou en primeira posición a baliza de desmarque o Ráfagas II, posto que xa non abandonou en toda a proba, aínda que nos momentos finais o Fixius achegouse arrebatándolle a primeira praza desta proba en tempo compensado, alzándose coa terceira praza desta categoría o Sampaio. Na categoría cruceiro o  Argos do Santiago Vecino (CN. Cabo de Cruz) disputábase a primeira praza co SempreVolve, deixando sen opcións  ao Terral de Jorge Robinat (CN. Rianxo).

Na categoría Cruceiro, impúxose o Argos, seguido polo SempreVolve e o Terral. E na categoría regata o Ráfagas II alzouse coa primeira posición seguido polo Sampaio e o Fixius que obtivo unha brillante primeira posición nesta segunda manga.

Finalizado o acto deportivo celebrouse un ágape con entrega de trofeos nas instalacións do club náutico que contou coa presenza de Manuel Castaño, presidente de Distribunosa.

28 de abril de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.