O Ráfagas II de José Carreira e o Argos del Santiago Vecino vencen na primeira manga da XI edición da Regata Distribunosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesPontevedra
A-
A+

O pasado sábado día 5 deu comezo a XI edición da Regata Distribunosa coa celebración da primeira manga das dúas de que consta a proba.

 Un día gris no que inesperadamente apareceu a néboa, fixo dubidar ao comité de regatas sobre a elección do percorrido. Finalmente ante unha aparente mellora das condicións de visibilidade deuse a saída á proba.

As 12.30 foi a hora sinalada para o inicio da manga.  Cun vento do suroeste de ao redor de 12 nós,  choiva intermitente e néboa ameazante por momentos, saíu a flota con dirección á baliza do Seixo.

Participaron unidades dos clubs náuticos da Ría, Rianxo, Villagarcía, Ribeira, Caramiñal e Boiro. O comité de Regata deseñou un percorrido cunha cinguida até a baliza do Seixo,  posteriormente viradas a babor en Moscardiño e Ter para a clase Regata e en Moscardiño para a clase Cruceiro. Ambas as flotas completaron o percorrido desde o Seixo até a chegada en CN. de Rianxo.

A saída foi moi disputada mostrándose moi rápidos o Corsario VIN de Javier Durán do LC de Villagarcía seguido polo Sampaio de José Pérez Piñeiro (CN. Rianxo) e a certa distancia o Ráfagas II de José Carreira (CN. Rianxo).  Na categoría cruceiro  o SempreVolve de Luís Miguel González do CN. Caramiñal e e Argos del Santiago Vecino (CN. Cabo de Cruz) disputábanse as primeiras prazas seguidos polo Terral de Jorge Robinat (CN. Rianxo).

Na primeira virada no Seixo,  Corsario, Ráfagas II e Sampaio mantiñan os seus postos por esta orde, mentres na categoría cruceiro Argos  e SempreVolve deixaban claras as súas intencións con respecto aos primeiros postos e deixaban discretamente atrasado ao Terral.

Finalmente e tras a popa desde o Ter até Rianxo para a clase Regata impúxose Ráfagas II, seguido polo Corsario VIN e o Sampaio.Na categoría Cruceiro, tras un través desde o Moscardiño até o Seixo e a posterior popa até Rianxo, impúxose o Argos, seguido polo SempreVolve e o Terral.

A flota queda emprazada para o próximo día 26 de Abril en que se celebrará a segunda manga con ágape e entrega de trofeos incluída nas instalacións do Club na que se contará coa presenza de Manuel Castaño, presidente de Distribunosa, que se mantén fiel á cita anual co deporte náutico.

7 de abril de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.