O Presidente de Portos de Galicia supervisa na Guarda as actuacións para solventar os danos dos temporais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal Portada
A-
A+
Visita do Presidente de Portos de Galicia á Guarda

Visita do Presidente de Portos de Galicia á Guarda

Jose Juan Durán, Presidente de Portos de Galicia, visitou esta mañá A Guarda para supervisar e revisar as actuacións acometidas para solventar os danos provocados polos temporais deste ano, que afectaron en gran medida a este Concello.

Acompañado do alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, do xefe da zona sur de Portos de Galicia, e representantes municipales do Partido Popular, fixeron  un percorrido polas inmediacións do Porto da Guarda para visualizar de primeira man as obras realizadas nesta zona, e que contaron cun investimento de 20.000 euros

 As obras basearonse na reparación de cubertas de edificios anexos á lonxa, escaleiras, balizas, socabóns… Pero hai moito máis que arranxar, polo que tamén estiveron falando doutras cuestións, como a problemática do espaldón, do espigón e da importancia da mellora da parte inferior da praia do carreiro. Segundo José Juan Durán: “Pretendemos arranxalos o antes posible. Sobre todo a praia do carreiro, que será unha das primeiras obras que levemos a cabo”. “Son tempos difíciles para grandes investimentos, pero as pequenas actuacións son moi importantes”.

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, mostrou a necesidade de que a praia do carreiro esté arranxada antes do verán, e destacou a importancia de mellorar o aspecto da zona da Atalaia. Ademais, no quixo rematar a visita sen tratar un aspecto que xa fai tempo que lle preocupa, como é o da rúa do Porto, unha zona peonil que é transitada por vehículos.

10 de abril de 2014 | 16:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.