O Porto colaborará con Vilagarcía para reducir o paso de tráfico pesado polo centro da cidade
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía restrinxirá ao estritamente imprescindible o tráfico pesado polas rúas do centro da cidade. Este foi un dos acordos acadados na reunión que mantiveron onte o alcalde, Tomás Fole, e a presidenta do Porto, Sagrario Franco, co obxectivo de abordar varios asuntos que competen a ámbalas dúas administracións.
O encontro entre o rexedor local e a presidenta portuaria tiña centrouse en temas relativos á continuar mellorando a relación porto-cidade, en especial no que se refire á ordenación das áreas de convivencia entre ambas institucións.
Con relación ao tráfico, el alcalde comunicou á presidenta o proxecto do goberno local para reducir o paso de tráfico pesado polas vías do centro urbano xa que, ademais de supoñer un risco para peóns, a rodaxe dos camións incide moi negativamente no pavimento das rúas da cidade. A medida comunicóuselle á presidenta portuaria, xa que parte do tráfico pesado que circula actualmente por vías como a Avenida da Mariña e Rosalía de Castro principalmente proceden da actividade portuaria.
Neste punto, Fole explicou a intención do Concello de reforzar a sinalización de prohibición de paso de tráfico pesado por varias vías de titularidade municipal unha vez concluída a primeira fase das obras do ferrocarril a Ferrazo. A Policía Local está realizando unha análise dos puntos idóneos onde debería instalarse esta sinalización, a fin de conseguir una redución del tráfico pesado (tanto portuario como no portuario) nas rúas do casco urbano.
Á vez, as dúas administracións valorarán a conveniencia de mellorar a sinalización de acceso ao porto, nas entradas ao municipio, para potenciar o uso das circunvalacións de Vilagarcía. A idea é que os camións que pretendan acceder ao Porto dende fóra de Vilagarcía xa reciban información nos enlaces das circunvalacións en Bamio, Godos e na Vía Rápida a Cambados, a efectos de que utilicen estas vías en lugar de atravesar polo centro da cidade. Do mesmo modo, preténdese mellorar a sinalización nas saídas do Porto para que os camións xa salgan do municipio por Pablo Picasso cara ao vial do Porto.
Eliminar por completo o tráfico pesado na zona do ramal e Rosalía de Castro non será posible ata que estea completo o ramal ferroviario e o Porto traslade toda a súa actividade a Ferrazo. Mentres O muelle do ramal sega tendo uso portuario, será inevitable o paso dalgún camión, aínda que serán os mínimos dado que o movemento portuario no peirao norte é limitada e vaise reducindo cada día máis.
Por outro lado, a Avenida da Mariña deixará de sufrir o paso de tantos camións, unha vez que rematen a primeira fase das obras e se poida recuperar a circulación completa no vial portuario de Rivero de Aguilar, que agora se desvía pola cidade.
Outro dos temas tratados na reunión de onte foi o relativo ao establecemento de novas fórmulas de colaboración entre Concello e Autoridade Portuaria para a posta en valor e mantemento das novas zonas de uso público que gañaron coa realización das obras do tren a Ferrazo. Cómpre lembrar as dúas administracións manteñen dende hai anos un convenio que inclúe, entre outros aspectos, as tarefas de mantemento de zonas verdes de titularidade portuaria abertas ao uso público. Este convenio ampliarase e renovarase para incorporar os novos espazos de uso cidadá e fixar as labores a realizar por cada administración para unha mellor coordinación.
En canto o depósito de áridos no peirao do Ramal, a presidenta comunicou ao alcalde a intención da Autoridade Portuaria de proceder a súa retirada no prazo dun mes, aproximadamente. O material vaise reutilizar nos traballos de rexeneración do asento da banqueta do muelle na dársena 2, obras que están en fase de licitación e que, previsiblemente, comezarán este mesmo mes.
Por último, Fole e Franco tamén abordaron a solicitude de zonas de aparcamento realizada pola asociación de Praceiros co obxectivo de dar servizo aos propios comerciantes da Sala de Abastos e aos seus clientes. O alcalde e a presidenta portuaria acordaron facer xestións ante concesionarios do Porto e propietarios particulares de terreos próximos á Praza para tratar de solucionar esta necesidade.











