publicidade hoxe

O pleno de Teo votará a proposta de investimentos previstos no Plan da Deputación DTC93

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A corporación teense reúnese este xoves 24 de abril para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

No pleno votarase a proposta para incluír no plan da Deputación DTC 93 consesuada co resto dos grupos municipias. Depois de valorar as necesidades municipais acordouse solicitar o cofinanciamento da obra de pavimentación, abastecemento e pluviais en Fornelos (Rarís) e incluír a metade da aportación municipal para a obra de ampliación da potabilizadora, que se está executando a través dun convenio con Augas de Galicia. A través deste programa o Concello recibirá algo máis de 200.000 euros para estes dous investimentos.

Por outra banda na sesión deste mes de abril o grupo de goberno leva unha proposta para recuperar unha finca cedida no ano 1998 ao IGVS, destinada á construcción de vivendas de protección oficial. A parcela está situada no Camiño de Texexe, en Calo, e despois de todos estes anos a administración autonómica non ten realizado ningunha acción nos terreos para cumprir co obxecto da cesión, a construcción de vivendas. “Á vista desta inacción e de que a Xunta ten manifestado que non ten intención de executar este tipo de proxectos de construcción de vivenda pública pretendemos recuperar o patrimonio municipal” indica Rafael Sisto, concelleiro de Urbanismo. Precisamente no pleno do mes de marzo levábase unha proposta similar para recuperar outra finca en Campos de Mirabel cedida no 2007 para o mesmo fin. 

23 de abril de 2014 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.