O pleno de Miño aproba dúas mocións institucionais en relación á reforma da Lei do aborto e aos partidos xudiciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

O grupo de goberno do Partido Popular e o grupo municipal socialista aprobaron conxuntamente duas mocións institucionais , a primeira en relación co mantemento dos partidos xudiciais na que adoptaron os seguintes acordos:

Instar ao Goberno central para que o texto de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial teña en conta as especificidades e pecularidades propias de Galicia, de tal xeito que:

– As sete cidades de Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) conten con cadanseu Tribunal de Instancia.

– Nos criterios que definan a futura planta xudicial no resto do territorio sexan tidos en conta criterios relacionados directamente coas características socioeconómicas, xeográficas, poboacionais, redes de comunicacion e esforzo inversor realizado pola Xunta de Galicia á hora de construir e dotar ás sedes xudiciais que a día de hoxe existen nas catro provincias galegas.

Na segunda moción institucional conxunta, a referente a  reforma da Lei do aborto acordaron  adoptar o acordo de:

“Instar ao goberno central a mellorar o anteproxecto de Lei Orgánica para a protección da vida do concibido e dos dereitos da muller embarazada, procurando chegar ao máximo consenso posible coas distintas forzas políticas”.

29 de abril de 2014 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.