publicidade hoxe

O pleno de Frades aproba a creación dun ficheiro de protección de datos para os servizos a dependentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O pleno municipal de Frades reuniuse hoxe luns en sesión extraordinaria para realizar o sorteo das mesas electorais para os comicios do vindeiro mes de maio. Así mesmo, o pleno aprobou por unanimidade a creación dun ficheiro de datos para aqueles veciños e veciñas que están a participar nos distintos programas levados a cabo dende os Servizos Sociais municipais dirixidos a dependentes ou maiores, tales como podoloxía ou perruquería a domicilio. Trátase dunha obriga recollida na Lei de Protección de Datos.

28 de abril de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.