O pleno de Fene aproba un suplemento de crédito para acometer obras urxentes
O Pleno de onte cos votos do PP e a abstención de PSOE, BNG e EU aprobou un suplemento de crédito de case 50.000 euros para poder acometer gastos de limpeza nas praias de Fene, así como reparación de camiños. Con parte dese diñeiro tamén se executará un fallo xudicial que obriga a pagar a parte proporcional de extra de decembro ao persoal laboral.
Tamén no mesmo pleno e cos mesmos votos favorables do PP e a abstención do resto aprobouse a modificación de l ordenanza fiscal nº 12 que regula a taxa para otorgamiento de licenzas urbanísticas esixidas pola lexislación do chan e ordenación urbano e o número 24 reguladora do ICIO(Imposto de Construcións, instalacións e obras)que adapta a esta ordenanza á recente Lei 9/2013 de 19 de decembro, de emprendimiento e competitividade económica de Galicia. Con esta reforma na que se consolida a desaparición da licenza menor e permite en moitos casos que sexa posible facer obras con só proxecto, memoria e xustificante de pago.
Ademais tamén neste pleno deuse conta da aprobación da liquidación do orzamento do 2013. Nesta liquidación preséntase unha execución e remanente moi positivo no que se reflicte unha gran contención do gasto, unhas modificacións orzamentarias moi razoables e un aforro bruto e neto moi positivos que reflicte que se conseguen financiar todos os gastos ordinarios con ingresos ordinarios. Esta liquidación claramente reflicte un financiamento do concello a curto e longo prazo..
Tamén se deu conta do cumprimento da lei de estabilidade orzamentaria en máis dun millón de euros. Deuse conta do cumprimento da regra de gasto e de que a finais de 2014 Fene terá pouco máis dun millón de euros de débeda(en 2011 era de case 3 millóns).











