O Plan RUA da Coruña leva a súa actividade ao barrio de San Pedro de Visma
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio Ambiente que dirixe Enrique Salvador, informa de que o Plan RUA inicia hoxe a súa actividade no barrio de San Pedro de Visma. Así, durante os próximos 3 días a iniciativa chegará a 12 rúas e prazas da zona actuando sobre un total de 26.800 metros cadrados.
Realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de calzadas, rúas e prazas, e mobiliario urbano; mantemento de zonas verdes; ou reparación de distintas incidencias, entre as que destacan as relacionadas coa iluminación pública, entre outras. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sustentables e ordenados coa colaboración dos veciños. En concreto, levarán a cabo as seguintes actuacións:
– Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.
– Limpeza e mantemento de mobiliario urbano.
– Limpeza duns 950 metros lineais da rede de rede de sumidoiros da zona. Limpeza e mantemento duns 45 pozos da rede de rede de sumidoiros e de 58 sumidoiros.
– Colocación de 66 cebos (desratización) en 62 arquetas de rede de sumidoiros.
– Mantemento de xardíns e zonas verdes.
– Mantemento do parque infantil.
– Presenza do punto limpo móbil.
– 7 actuacións en iluminación pública.
– Mantemento de 6 marquesiñas.
– Pintado de 4 pasos de peóns.
– Durante os días de actuación do Plan RUA na zona, ao non haber coches estacionados nas rúas, realízase a detección de vehículos abandonados.
Ademais, durante a semana pasada, estiveron a realizarse traballos de reparación de beirarrúas nunha supeficie duns 40 metros cadrados.
Nesta seguda fase, a iniciativa chegará ao Ensanche (do 15 ao 24 de abril), Sacra Familia (do 25 de abril ao 5 de maio), Adormideras (do 6 ao 8 de maio), e Vos Rosales (do 9 ao 16 de maio), onde concluirá esta segunda fase.











