publicidade hoxe

O Pazo Provincial de Ourense acolleu a presentación do I Rally Mix da Gudiña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GudiñaDeportesOurense
A-
A+
Presentación do I Rally Mix da Gudiña

Presentación do I Rally Mix da Gudiña

O Pazo Provincial acolleu hoxe a presentación do I Rally Mix (asfalto e terra) da Gudiña, que se celebrará os días 3 e 4 de maio nesta vila ourensá. O acto contou coa presenza do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o alcalde da Gudiña, Guillermo Lago; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e o presidente do comité organizador do rally, Carmelo de la Cruz.

O I Rally Mix percorrerá un trazado de 12 quilómetros na contorna da Gudiña, vila que unha vez máis aposta decididamente polo automobilismo. A proba constará de cinco pasadas, das que tres realizaranse o sábado, día 3, e dúas o domingo, día 4. No rally poderán participar todo tipo de vehículos autorizados pola Federación Galega de Automobilismo: carcross, autocross, rally de asfalto, rally de terra e turbos, entre outros. Os competidores agruparanse en cinco categorías: unha para vehículos de carcross e as outras catro para vehículos carrozados, repartidos por cilindradas (ata 1.600 cc; de 1.600 cc a 2.000 cc; de 2.000 cc a 3.000 cc, e máis de 3.000 cc).

28 de abril de 2014 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.