publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro reunirá a profesionais para aproximar esta disciplina á cidadanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promoverá o achegamento da arqueoloxía á cidadanía a través dunhas xornadas que se celebrarán do 2 a 4 de maio no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR). Baixo o nome ‘Investigar, experimentar, divulgar: unha estratexia para acercar a Arqueoloxía a todos os públicos as xornadas enmárcanse no contexto do proxecto ‘GESTART. Artistic Gestures revisiting European Artistic diversity and convergence’, financiado pola Unión Europea a través do Programa Cultura; e contarán coa presenza de arqueólogos, artesáns, químicos, restauradores-conservadores, antropólogos e de estudantes destas disciplinas.

O obxectivo do encontro é establecer un diálogo interdisciplinar entre diferentes especialistas (arqueólogos, artesáns, arqueólogos experimentais, divulgadores…) en torno á produción e uso de obxectos –vasillas cerámicas, industria lítica, ourivaría, arte prehistórico…- desde o Neolítico ata o presente, como fórmula para mellorar a nosa comprensión dos procesos sociais e tecnolóxicos implicados na elaboración dos mesmos e transmitilos á cidadanía

As xornadas contarán coa participación de expertos da Deputación de Pontevedra, do Museu de Arte Pre-histórica e do Instituto Terra e Memoria de Maçao (Portugal), da Consejería de Cultura da Junta de Extremadura, da Universidade de Santiago de Compostela, do Ecomuseo Forno do Forte (Buño) e da Fundación Terra Termarum (Cuntis); así como investigadores do Welsh Rock Art Organization (Gales) e o propio director do PAAR, José Manuel Rey García.

Ademais destes relatorios, e co fin de implicar tamén no encontro aos visitantes do Parque Arqueolóxico, o sábado 3 de maio celebraranse actividades abertas á participación de todos os públicos nas que se reproducirán diversos procesos tecnolóxicos que formaron parte do día a día das comunidades do Neolítico e da Idade de Bronce no noroeste peninsular, tales como obradoiros de lume, de cerámica, ou de cociña prehistórica, entre outros. Pódese atopar máis información sobre as xornadas e sobre o horario do PAAR no web http://paar.es/.

29 de abril de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.