O paro descende por segundo mes consecutivo en Cangas
Tal e como se desprende dos datos publicados hoxe pola Consellería de Traballo, Cangas rexistrou durante o mes de marzo un total de 3243 parados, o que supón un descenso de 136 persoas en comparación co pasado mes de febreiro.
Este é o segundo mes consecutivo no que se o paro baixa no noso municipio xa que no mes de febreiro o paro baixou en 29 persoas. En comparación co mes de marzo de 2013, no que se contabilizaron un total de 3336 desempregados, un descenso de 38 parados, a cifra de persoas que atoparon traballo durante marzo deste ano triplicouse.
Con estes datos Cangas convértese no concello de todo o Morrazo no que se rexistrou un maior descenso dos desempregados no último mes, por diante de Marín (-42), Bueu (-33) e Moaña (-21).
A concelleira de Emprego Beta Pérez afirma que “seguimos sen estar contentos co resultado pero empezamos a ter mellores noticias no nos concello e non pararemos”.











