O Padroado Municipal Monte Santa Trega ofrecerá visitas guiadas gratuítas en Semana Santa
Durante a semana Santa do 2014 o Padroado Municipal Monte Santa Trega volverá a ofrecer visitas guiadas gratuítas para todos aqueles que queiran achegarse ao monte e coñecer os seus valores arqueolóxicos, históricos e paisaxísticos.
As visitas faranse tódolos días excepto o luns dende o sábado 12 ata o domingo 20 de abril. Haberá 3 quendas de visitas ás seguintes horas:
-12,30h da mañá: cunha duración de 1 h 30 minutos. O punto de encontro será no MASAT (museo arqueolóxico Santa Trega) que está no cumio e rematarase no castro.
-16,00h da tarde: 30 minutos de duración. Punto de encontro no castro. Centrarase no xacemento arqueolóxico.
-17,00h da mañá: cunha duración de 1 h 30 minutos. O punto de encontro será no MASAT cumio e rematarase no castro.
As visitas son totalmente gratuítas. Os visitantes só deberán abonar as taxas de acceso que son de 1€ os adultos e 0,50 € os nenos.
Ademais, lembrarvos que a partires do 1 de maio comezará no Trega unha nova campaña de actividades didácticas e obradoiros orientado a colexios.











