O obradoiro Conca do Lérez finaliza as actuacións na ruta Frei Martín Sarmiento de Cerdedo
Os 7 alumnos/as do I Obradoiro de Emprego Conca de Lérez de Cerdedo, que inicio a súa actividade o 28 de outubro de 2017 apuran xa as últimas actuacións.
A quince días do fin do proxecto os alumnos/as acaban de terminar todas as actuacións en obraque incluía o obradoiro.
Nestes días acabaron co acondicionamento da Ruta Frei Martín Sarmiento. Trátase dunha ruta circular que parte do centro urbano de Cerdedo e volve ao mesmo. Era un antigo camiño que unía as distintas parroquias de Cerdedo trascurriendo por as saias do monte Seixo. Siendolas principais actuacións de roza, roza, poda e acondicionamento da ruta tanto con medios mecánicos como manuais. Terminadas as actuacións os veciños e turistas de Cerdedo contan cun lugar para gozar da natureza e poder gozar destas paisaxes.
Os alumnos/as tamén realizaron unha plantación no monte veciñal Barcia – Batan, onde se realizou preparación do terreo, plantación dunha hectárea a través co método de raspas, todo iso realizado con medios manuais.
Melloráronse as áreas recreativas de todo o concello, realizando podas, rozas e todo tipo de mantementos.
E realizáronse actuacións de viverismo o no viveiro que está situado na rúa Estrada de Cerdeo, nel os alumnos/as realizaron preparación do terreo, sementa de plantón forestal e planta de xardinaría, mesas de germinación, multiplicación vexetativa combinado distintos tipos de rega.
Todas estas actuacións xunto coa formación teórica propia do oficio e a formación complementaria en sensibilización ambiental, orientación laboral, alfabetización informática, prevención de riscos laborais fai que estes alumnos/as durante este seis meses teña unha formación completa no oficio de traballo forestal xardinaría.











