O mércores celebrarase en Cangas a Feira do Comercio con Sentido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Praza das Pontes acollerá o próximo mércores día 30 de abril a “Feira do Comercio con Sentido” que se enmarca dentro da programación das X Xornadas Interculturais promovidas polas concellerías de Servizos Sociais e Cultura.

Esta actividade, que percorre varios municipios de Galicia, está organizada pola ONG Solidaridade Internacional de Galicia que coas súas accións busca promover a xustiza social levando a cabo proxectos de cooperación internacional, axuda humanitaria, comercio xusto e educación para o desenvolvemento e sensibilización.

A Feira do Comercio con Sentido busca dar a coñecer ao alumnado e  profesorado o sistema polo que se rexe o actual mercado; as relacións comercias Norte-Sur, que representan unha das caras deste comercio internacional, caracterizadas pola desigualdade e a desigualdade que afecta negativamente cada día a milleiros de persoas noseu intento por fuxir da situación de empobrecemento na que se encontran

Instalarase unha carpa na Praza das Pontes con cinco stands temáticos, en cada un dos cales o alumnado e o profesorado poderán achegarse á realidade de produtos como o cacao, o azucre, o algodón, o té e o café, proporcionando información a cerca da orixe, produción, comercialización, características e variedades do produto, así coma ós problemas ós que as/os produtores se enfrontan ata que estes chegan ás nosas mans

Durante a mañá as actividades irán dirixidas aos centros escolares do Concello de Cangas, en particular aos estudantes de  1º da ESO. Xa pola tarde a actividade estará aberta ao público en xeral de entre as 16:00 e as 20:00 horas.

28 de abril de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.