O Mecalia Atl. Guardés medirase ante o Prosetecnisa Zuazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportes
A-
A+

Sábado ás cinco e media da tarde na Sangriña. A case tan taurina hora, o Guardés recibe ao Zuazo nun encontro de vital importancia de face a manter a cuarta praza na clasificación.

O equipo biscaíño, situado en 8ª posición na táboa, con 20 puntos, leva 8 vitorias, dous empates e 11 derrotas, cunta entre as súas filas coa cañonera Tania Yañez, máxima goleadora da categoría con 174 goles en 21 encontros a unha media de 8,29 goles por partido. Na portaría contan con María Esteban, que militou no Guardés a pasada tempada.

Un rival que pode complicarnos a vida a pouco que nos despistemos, e necesitamos os dous puntos para manter a diferenza co Porriño, 5º clasificado, que será o noso seguinte rival, esta vez en Porriño.

A afección volve ter ocasión de demostrar que non é en balde considerada a “mellor afección de España en balonmán feminino”

10 de abril de 2014 | 20:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.