O luns celébrase o pleno de Oleiros no que se aprobarán definitivamente o refundido do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O próximo luns día 28 celebrarase unha sesión plenaria na que ente outros asuntos, debaterase a aprobación de dous puntos importantes para o municipio.

Finalmente, tras unha longa tramitación por parte da Xunta de Galicia o pleno municipal votará a aprobación definitiva do documento refundido do Plan Xeral, segundo sinalou esta mañá o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. Neste documento recóllese o Plan Xeral aprobado en 2009 máis a nova regulamentación das zonas que quedaron fóra de ordenación, ben na área suspendida pola influencia da pegada sonora do aeroporto de Alvedro imposta polo Ministerio de Fomento ou nos 13 núcleos que a Xunta de Galicia excluíu da aprobación do actual plan. Así mesmo, ademais deste punto, durante a sesión do próximo luns día 28 votarase a aprobación definitiva do Plan parcial da urbanización de Dorneda que inclúe o futuro campo de golf.

Este punto foi aprobado no seu día, pero diversos cambios neste ámbito provocaron que o dito documento tivese que regresar á fase de tramitación. Por último tamén se debaterá a concesión dunha subvención nominativa os clubs de fútbol Marino de Mera, CF Dorneda e At. San Pedro.

25 de abril de 2014 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.