O I Encontro Familia Rítmica Compostela reuníu a unhas 300 persoas en Sigüeiro

Participantes no certame
O pavillón polideportivo Juanito Amigo de Sigüeiro acolleu esta fin de semana o I Encontro Familia Rítmica Compostela, organizado polo club Ximnasia Rítmica Compostela en colaboración co Concello de Oroso. Un encontro que reuniu a preto de 300 persoas en Sigüeiro e no que participaron todas as ximnastas do grupo de competición do club, que neses momentos conta con ximnastas de nivel escolar e promoción dende a categoría prebenxamín ata a sénior.
O concelleiro de Deportes, Luis Rey Villaverde, agradeceu “o esforzo de todas as ximnastas, das súas familias e de todos os colaboradores que fixeron posible este primeiro econtro Familia Rítmica Compostela. Para o Concello de Oroso foi un pracer albergar unha demostración tan magnífica de ximnasia rítmica como a celebrada esta fin de semana en Sigüeiro”.











