O Goberno Municipal de Monforte proporá crear unha Comisión Informativa Especial sobre a concesión de Aqualia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e o Goberno Municipal, teñen total disposición para por en marcha unha Comisión Informativa Especial sobre a concesión á empresa AQUALIA do servizo de abastecemento de auga e saneamento.

Mentres que o Partido Popular solicita que esta Comisión centre os seus traballos na desaparición da oferta da concesionaria e as súas consecuencias, o Goberno Municipal, en aras dunha absoluta claridade, considera que esta Comisión non debe centrarse exclusivamente nun período determinado ou nun feito puntual, senón que debe abarcar a totalidade da concesión e o seu proceso.

Severino Rodríguez comenta que, no caso de que o PP manteña a súa proposta no vindeiro pleno, o Goberno Municipal plantexará unha emenda que estenda o labor da Comisión ó inicio dos trámites para a realización da concesión.

O alcalde de Monforte anuncia que esta Comisión terá un carácter plural e na mesma estarán representados tódolos grupos políticos coa mesma proporcionalidade existente nas comisión informativas de pleno.

27 de abril de 2014 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.