O goberno de Orozco convoca ao Partido Popular a unha xuntanza para negociar os investimentos municipais para este ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Goberno local reunirase a semana que vén co Partido Popular para negociar as dúas fases do Plan de investimentos deste ano, que se financiarán con remanentes económicos do Concello.

O Alcalde, José López Orozco, chamou hoxe ó Voceiro do Grupo municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, para citalo a unha xuntanza negociadora o vindeiro lunes pero, por motivos de axenda do Voceiro do PP, a reunión quedou fixada para o xoves, día 24.

O Alcalde anunciou públicamente a convocatoria formal de reunións negociadoras coa oposición co obxectivo de remover calquera atranco que puidera impedir que saian adiante as distintas inversións que está en disposición de acometer este ano o Concello dentro das dúas fases do Plan municipal de investimentos, nas que se inclúen actuacións tanto na cidade como na zona rural.

Como se lembrará, a primeira fase do Plan de investimentos, na que figuraban partidas como as destinadas á compra dunha escaleira para os Bombeiros ou ó arranxo das goteiras na cuberta do Centro social da Milagrosa, non puido sair adiante no Pleno da semana pasada polo voto en contra da oposición municipal.

16 de abril de 2014 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.