O goberno de Oleiros solicita á Xunta impartir 8 novos curso de formación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros, a través dos centros municipais de formación Isaac Díaz Pardo e A Carballeira, solicitou á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia oito novos curso de formación para persoas desempregadas. Deste xeito, Oleiros aspira a impartir para o vindeiro curso ciclos formativos en cociña, atención sociosantaria a persoas dependentes, instalación e mantemento de zonas verdes, instalación de mobles, auxiliar de viveiros, financiamento de empresas, montador de instalacións solares térmicas e escaiolista. As persoas interesadas en participar nestes cursos poden obter máis información no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo situado na urbanización Os Regos.

25 de abril de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.