publicidade hoxe

O goberno de Neda reorganiza as funcións da Policía Local para mellorar o servizo ao cidadán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello procedeu á reorganización das funcións da Policía Local co ánimo de mellorar o funcionamento do servizo e, sobre todo, a atención ao veciño. Reorganización que o concelleiro de Seguridade, José Manuel Gradaílle, levou a semana pasada á correspondente comisión informativa, na que todos os grupos mostraron o seu respaldo ás medidas contempladas. Deste xeito, a reorganización afectará ás funcións dos axentes, que se agruparán en catro grandes áreas e, cada axente, poráse ao fronte dunha delas. Estas son: Mantenemento de pistas no rural e saca de madeira; Seguridade cidadá en actos públicos e coordinación con Protección Civil; Seguridade vial, atestados, informes e formación vial en centros educativos, aspecto último que se pretende impulsar de forma decidida, e Medio Ambiente e requerimentos sobre a limpeza de propiedades.

Tarefas nas que se apoiarán os axentes municipais e que asumen baixo a coordinación do cabo municipal.

8 de abril de 2014 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.