O goberno de Ferrol entrega á xunta veciñal de Doniños dous novos libros da obra de Gumersindo Díaz García

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, Martina Aneiros Barros, vén de entregar á Xunta Veciñal de Doniños dous novos exemplares da obra de Gumersindo Díaz García titulados: “A Caloña entre loureiros” e “Avelaíñas de outono”. Estes libros súmanse aos outros tamén editados pola Administración municipal –“O lago dos nenos” e “Historia de Doniños”- que xa foran entregados aos veciños desta entidade en xuño do ano pasado.

A recuperación e entrega destes exemplares, que forman a pasar parte dos fondos tanto da biblioteca veciñal como da municipal situada na praza de España- enmárcase no convenio de colaboración asinado entre o Concello de Ferrol e a Xunta Veciñal de Doniños neste mandato. A edición destes manuscritos de Gumersindo Díaz García, novelista e poeta que foi nomeado membro non numerario da Real Academia Galega en 1953, era unha demanda veciñal. O obxectivo é facilitar a difusión e consulta destes escritos, así como recuperar a memoria deste literato que naceu en Doniños o 25 de setembro de 1893  e que morrería en 1978. Dende o ano 1993 a biblioteca da Xunta Veciñal de Doniños leva o nome de Gumersindo Díaz García. Ao longo da súa vida, Díaz García escribiu 43 obras en lingua galega e castelá.

9 de abril de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.