O festival ‘Arte pola Igualdade’ dos alumnos do CEE María Mariño da Coruña chega a súa terceira edición
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Deputación da Coruña están a colaborar na organización dunha nova edición do festival Arte pola Igualdade, que por terceiro ano consecutivo protagonizarán os alumnos con necesidades especiais do centro de Educación Especial María Mariño da Coruña.
Para a celebración do evento, que terá lugar o vindeiro 14 de maio, a Deputación provincial cederá por segunda vez as instalacións do teatro Colón. Alí, os alumnos do María Mariño, coa colaboración tamén do Conservatorio Profesional de Música da Coruña, levarán a cabo un espectáculo para todos os públicos, que terá unha duración aproximada dunha hora e combinará teatro, danza e música. A entrada será de balde ata completar capacidade e poderase retirar previamente no despacho de billetes do teatro.
Trátase dun traballo colaborativo alegre, emotivo e educativo de integración real, que ten como obxectivo seguir a promover a integración e a educación inclusiva, a través da posta a disposicións dos alumnos con necesidades educativas especiais os mesmos servizos educativos e formativos cos que conta o resto da cidadanía.











