O espectáculo musical ‘Toc toc’ chega a Vilagarcía a través da xira de Falaredes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os nenos e nenas de Vilagarcía teñen a oportunidade pasar unha fantástica e divertida tarde de sábado co espectáculo musical Toc Toc que se representará esta fin de semana no Salón García. A obra, baseado nun conto-disco de Pablo Díaz, chega a Vilagarcía no marco da xira galega do programa FalaRedes que ten coma obxectivo promover e dinamizar o uso da lingua galega entre a infancia e a mocidade con diversas propostas lúdicas. Toc Tox comezará ás 18:0 horas e a entrada é libre ata completa aforo.

A terceira edición de FalaRedes bota a andar en Vilagarcía coa representación de TOC TOC, un espectáculo para nenos de 3 a 10 anos integrado no programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración cos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) na que se integra Vilagarcía. A actividade organízase a través do servizo de Normalización Lingüística do Concello, departamento que dirixe a concelleira Sandra García.

O musical que se representa o sábado 26 de abril no Salón García conta con gran expectación tendo en conta o éxito acadado por Pablo Díaz coa xira de Tic Tac, o espectáculo anterior co que revolucionou ao público infantil. Agora Pablo Díaz, regresa con Toc Toc, un musical baseado no libro-disco homónimo publicado en novembro pola editorial Galaxia e que ilustra Nuria Díaz. Neste espectáculo, o autor invita aos cativos a cantarlle á alegría e á amizade, á vez que inculca nos cativos valores como o ecoloxismo ou a paz, dun xeito lúdico e co galego como lingua.

TOC TOC rima con rock, pop, folk e tamén co soul, que aquí se mesturan coa tradición galega ao cobrar protagonismo sobre o escenario os romances infantís O piollo e a pulga e Mazarico, que converten o concerto nunha festa na que os nenos e nenas bailan e cantan na nosa lingua. A música actúa así como fonte de transmisión do galego ao promover que a xente miúda siga cantando as cancións tras finalizar a actividade.

Toc Toc é a chamada á porta do mundo dos nenos. Un mundo de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida as guerras e así a defensa do medio ambiente, a paz, a protección dos animais, a ilusión da chegada do Apalpador no Nadal, a fantasía do mundo dos pirats e como non, o mundo paralelo dos nenos no que todo e posible, como amizades entre cans, gatos e ratos.

22 de abril de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.