O equipo de goberno de Gondomar remite á oposición o novo documento do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O concelleiro responsable da área de Urbanismo do Concello de Gondomar, Carlos Lameiro, vén de anunciar que hoxe fíxose  entrega da proposta de ordenación urbanística, elaborada polo equipo redactor, aos voceiros dos distintos grupos políticos da corporación municipal, antes de proceder á súa aprobación inicial en pleno.

O novo documento do PXOM, que foi entregado en formato dixital, contempla as distintas propostas achegadas anteriormente pola oposición. “O CD inclúe toda a información necesaria para que os distintos partidos poidan estudalo, analizalo e coñecer todos os pormenores da proposta antes do debate plenario ao que será sometido o contido do texto”, afirma Lameiro.

Deste xeito, ratifícase a transparencia e vontade de consenso do goberno municipal durante o proceso de aprobación do PXOM.  O edil gondomareño recoñece que  “o noso propósito é acadar o máximo consenso posible en torno ao documento, xa que se trata de definir o Plan que Gondomar precisa”.

Así mesmo, o PXOM estará dispoñible na páxina web municipal (www.concellodegondomar.com), desde onde poderá ser consultado por todos os veciños e veciñas do municipio. “O documento estará nestes días na páxina web do Concello, ao alcance de todos os  nosos veciños que estean interesados en estudalo e coñecelo”, explica Lameiro.

14 de abril de 2014 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.