O equipo alevín feminino de Lousame de voleibol clasifícase para a Fase Provincial
O equipo alevín das Escolas Deportivas Municipais de Voleibol do Concello de Lousame conseguiron o terceiro posto na Fase Zonal do progama Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), polo que conseguiron clasificarse para disputar a Fase Provincial, que terá lugar este sábado 3 de maio no pavillón Alonso Rodríguez de Noia.
Unha clasificación que supón todo un recoñecemento ao traballo levado a cabo por estas rapazas, xa que o equipo tan só conta con 5 xogadoras da categoría alevín e que tivo que ser completado por xogadores en idade benxamín.











