O embaixador de Polonia visita Vigo para promover maior relación económica entre a cidade olívica e o seu país

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaVigo
A-
A+
Abel Caballero na reunión co embaixador de Polonia

Abel Caballero na reunión co embaixador de Polonia

Abel Caballero recibiu este xoves ao embaixador de Polonia en España, Tomasz Arabski, de ronda por Galicia para potenciar a cooperación económica do seu país con Galicia e Vigo. A olívica é a urbe galega con maior presencia de polacos, máis de mil, un colectivo “proactivo e colaborador” ben integrado en Vigo, salientou o rexedor.

Tomasz Arabski (nacido no 1968 en Gdańsk) graduouse na Universidade Politécnica de Gdańsk, traballou de xornalista e, desde novembro de 2007 ata febreiro de 2013, ocupou a xefatura da Cancillería do Primeiro Ministro. Desde 2011 foi ministro, membro do Consello de Ministros e Presidente do Comité Permanente do Consejo de Ministros. O 6 de maio de 2013 foi nomeado embaixador da República de Polonia en España e Andorra.

10 de abril de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.